Thursday 16 de May de 2024

O SNL da Mancomunidade de Ordes informa sobre as vindeiras probas para obter a titulación oficial Celga


Dende o dito departamento asesórase á veciñanza sobre a documentación requirida e a realización de solicitudes

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (SNL) vén de informar sobre a convocatoria das probas oficiais para obter o título Celga de lingua galega. Unha cita que terá lugar no vindeiro mes de abril para cada un dos catro niveis existentes.
Dende o SNL da Mancomunidade resaltan que o prazo para presentar a documentación e as solicitudes pertinentes finalizará o vindeiro 8 de febreiro. O seu persoal ponse á disposición de todas e todos os interesados para resolver calquera dúbida ou facilitar os trámites requiridos de cara ás ditas probas. Para isto basta con acudir ás oficinas situadas na rúa Xoxardo de luns a venres de 10 a 14 horas. Ademais a través da súa sección na páxina web da mancomunidade ordense pódese acceder a toda esta información, así como descargar o formulario de solicitudes (http://www.mancomunidadeordes.org/servicios/servizo-de-normalizacion-linguistica-1009.html10).